Aproveitando que comezamos a semana déixovos por aquí uns horarios por se os queredes empregar para organizar o voso tempo de traballo, así como unha imaxe que resume estupendamente a Técnica do Pomodoro da que vos falei o outro día.
Horarios de kankajotueliges
Imaxe de exitoytiempo
A tarefa que vos propoño é que busquedes nun libro ou en internet un texto sobre algún tema que vos pareza interesante e seguir os pasos que aparecen a continuación para facer un esquema (podes pinchar sobre a imaxe para vela máis grande):
Imaxe de infoedugrafias
Tras facer o esquema (lembra poñerlle o título), nun folio, podes tomarlle unha foto e mandarmo por correo ou Whatsapp, se considero que fixeches un bo traballo subireino ao blog. Anímate!
PD: Hoxe, ás 11h en CLAN, tedes clase de matemáticas.
Hoxe tráiovos unha continuación do que estuvimos ata o de agora traballando mediante as fichas adicadas a técnicas de estudo, para que sigades completando este tema tan importante na vosa vida. Fixádevos ben na infografía que vos mostro a continuación (unha infografía consiste na combinación de imaxes moi claras e sinxelas de entender, gráficos e texto coa fin de comunicar dun xeito visual a información que queremos transmitir; algo así como un esquema) e vede tamén o vídeo e contestade en comentarios ás preguntas que vos plantexo. Tamén podedes consultar dúbidas ou dar a vosa opinión.
Infografía de Ramón Aragón
A continuación, un vídeo no que Nisabelt explica a Técnica Pomodoro, técnica que persoalmente empreguei moitísimo no meu estudo.
Moitas gracias a Ramón Aragón e a Nisbelt por estes magníficos recursos.
Estas son as preguntas que debedes responder tras observar detidamente a infografía de ver o vídeo:
1. A que cres que se refire a infografía no apartado 1. LA IMPORTANCIA DEL CONTEXTO? Garda relación con algo do que traballamos nas fichas de Técnicas de Estudo?
2. Que técnica propón a infografía para FRACCIONAR (fraccionar vén de fracción: dividir, repartir) O TEMPO?
3. Cales son os catro verbos que resumen o MÉTODO IDEAL?
4. Como debiamos subliñar?
5. Como debiamos facer esquemas?
6. Coñecías a Técnica do Pomodoro? Que significa a palabra italiana "pomodoro"?
7. En que consiste esta técnica?
8. Tras ver o vídeo, cales cres que son as súas vantaxes?
9. E as súas desventaxas?
10. A min resúltame moi útil a Técnica do Pomodoro, pero tal como di Nisbelt, cada persoa é un mundo, e xa dixemos en clase que non todas as técnicas sirven para todos nin as empregamos do mesmo xeito, Cres que para ti pode resultar útil? Para que a poderías empregar? 11. Na caixiña de información tedes os imprimibles para levara a cabo esta técnica. Vas imprimir ou elaborar pola túa conta os tomates? 12. Tamén na caixiña de información podedes atopar a dirección web do cronómetro TOMATO TIMER. Eu teño no meu móbil a App CLEARFOCUS. Utilizarás algún destes recursos? PD: Podedes seleccionar as preguntas, copialas e pegalas en comentarios e despois contestalas ou respondelas poñendo os números, tal e como facedes no Clube de Lectura.