Hoy os traigo la tarea de matemáticas que debéis de hacer. Tenéis hasta el viernes 8 de MAYO como fecha límite de entrega (de este modo tenéis una media de menos de una paginita por día, puesto que iremos metiendo también tarea de otras asignaturas, para que no os canséis de trabajar siempre las mismas áreas). Como podéis ver, bajo las entradas del blog, podéis ver un calendario donde os iré poniendo todas las fechas que debéis considerar a la hora de organizar vuestro trabajo. Recordad que tenéis una entrada en el blog que os ayuda a organizar vuestro tiempo y que cuenta con horarios para imprimir. Podéis llegar a ella haciendo clic AQUÍ.
FRACCIONES
Haced todos los ejercicios de las unidades 5 y 6, de las páginas 4 a la 19 incluidas. Podéis imprimir el cuaderno y hacer los ejercicios en las hojas impresas o mirar desde el móvil u ordenador y hacerlos en la libreta de mates INDICANDO NÚMERO DE PÁGINA Y EJERCICIO. En cualquier caso, en cuanto tengáis terminado el tema 5, le tomáis fotos y me las mandáis por correo-e o por WhatsApp. Cuando hayáis acabado el tema 6 me lo enviáis igualmente. Una vez que os haya corregido ambos temas, os pondré una nota. LA PRESENTACIÓN ES MUY IMPORTANTE.
ESTA TAREA ES OBLIGATORIA Y EVALUABLE.
Por supuesto, podéis preguntar cualquier duda que os surja indicando al principio, página y número del ejercicio.
Muchas gracias a Santillana, a Sm, a Óscar Alonso, a Mundo Primaria y a Daniel Carrión por estos geniales recursos. Añado un vídeo en el que explico los PROBLEMAS DE LA PÁG.8, para aquellos/as que lo necesitéis:
En el siguiente vídeo explico cómo hacer la fracción de un número (página 9):
Para acceder ás webs e aos vídeos sobre o Universo PINCHA AQUÍ
Tamén tedes a seguinte web na que consultar a duración dos días nos distintos planetas do Sistema Solar e outra sobre as sondas Voyager. Tamén a fantástica web STELLARIUM e o vídeo do xenial CdeCiencia.
Déixovos aquí un vídeo que resume a información acerca das enerxías renovables e non renovables e outro que explica como funcionan os aeroxeradores ou muíños de vento para que preparedes as vosas preguntas para cando nos visite o experto.
Tamén algunhas fotos das vosas máquinas simples. Moitas gracias ás familias por involucrarvos tanto! Son unha pasada!
Déixovos por aquí as vosas aportacións sobre a diversidade e o obradoiro que fixemos no 1º trimestre, ademáis dos vídeos por se vos apetece volver a velos. Ola, nenos e nenas do colexio. No curso 2018-19, o día 5 de decembro viñeron darnos unha charla aos alumnos de 5º e 4º de Primaria. Pasámolo moi ben. Ao principio vimos unhas imaxes de nenos con algunha discapacidade e falamos deles, despois vimos un vídeo dun neno que se chamaba Diego, era cego e tiña unha profe que o axudaba como a nosa Fina. Despois fixemos un xogo, pintamos un mural, escribimos sen mans e o noso nome en braille e xogamos a un Trivial con preguntas relacionadas co tema.
A diversidade: significa variedade, pluralidade e diferenza. É un substantivo feminino que caracteriza todo o que é diverso, que ten multiplicidade. É a reunión de todo aquilo que presenta múltiples aspectos e que se diferencian entre si. Exemplos de diversidade: cultural, biolóxica, étnica, lingüística, relixiosa...
Este é Guillerme. Gústanlle as matemáticas e as linguas e no recreo queda na clase debuxando. Tamén lle gustan os deportes, o que máis o baloncesto. Xoga co número 27. É moi bo xogador.
O día 5 de decembro viñeron unhas mulleres do Club de Amigos e Amigas da Discapacidade a falar sobre a discapacidade. Puxéronnos un vídeo dunha persoa chamada Diego que era cego pero por ser cego non era distinto. Diego facía o traballo nun colexio normal e corrente. E preguntarédevos: como escribía? Facíao nunha máquina de escribir braille, con puntiños. Despois xogamos ao Trivial, fixemos un debuxo e collimos obxectos cos ollos tapados. Ao final fixéronnos unha enquisa. A min gustoume moito. A discapacidade pode ser de dous tipos: física e mental. Un exemplo de física é a cegueira e da mental, a dislexia. Mais non debes pensar que non poden facer o mesmo ca nós. Bethoven era xordo e Stephen Hawking tiña esclerosis. Os discapacitados tamén xogan deportes coma o baloncesto e as carreiras de bicis.
Os nenos e nenas somos diversos, hainos cegos, inválidos, que usan muletas...
O outro día falamos das discapacidades. Tivemos unha charla con xogos de como son as discapacidades e fixemos un mural. Da igual que non teñas pernas, podes correr igual; ou da igual que non teñas mans, podes pintar igual; ou da igual que sexas cego, podes ler e escribir igual. Por exemplo, a miña tía é cega pero cada día que vai a misa pídelle ao cura se pode recitar uns poemas que fai na casa e que estuda.
A diversidade entende que todos somos diferentes. O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade. Puxéronnos un vídeo que se titula "Los colores de las flores". Diego é cego e mandáronlle facer unha redacción con este título. Despois xogamos a uns xogos, fixemos un mural e por último déronnos un carnet.
A diversidade explícanos que hai persoas ás que lles falta unha perna ou un brazo, ou cegas, xordas ou mudas. Existen diferentes linguaxes para esta xente. Pero a esas persoas hai que axudalas porque con axuda si que poden facer as cousas. Todos necesitamos axuda algunha vez.
A diversidade é algo que hai en todas partes. É unha palabra que marda unha diferenza nun grupo, sexa física ou interna. Celébrase o tres de decembro. Eu púxenme no lugar desas persoas facendo diferentes actividades, por exemplo escribir o teu nome sen mans, a proba consistía en atar as túas mans e escribir o teu nome con calquera outra parte do corpo. Tamén me taparon os ollos e metín as mans nunha bolsa, a proba consistía en adiviñar que obxecto colleras. Aprendín que as persoas con discapacidade necesitan pequenas axudas para facer o mesmo ca nós.
Bo día! Hoxe tráiovos uns vídeos e uns xogos xenais para aprender acerca da representación da Terra. Calquera dúbida que vos xurda, poderei resolvérvola en comentarios.
Por aquí, e para pasar a nosa "hora das sorpresas", as miñas fotos de Pompeia e un vídeo no que uns rapaces e rapazas explican xenial o que aconteceu co Vesubio.
Benvidos ao blog, rapaces e rapazas do cole de Razo! Como vos prometín, aquí tedes os vídeos sobre o tema de ciencias sociais que estamos traballando e as fotos dos vosos "deliciosos traballos" sobre as fases lunares.