jueves, 23 de abril de 2020

Hoxe é o Día do Libro!

Bo día e feliz Día do Libro!
Déixovos aquí unha web chamada "Con los niños en la mochila" dende a que podedes descargar un montón de libros gratis, facede clic sobre a foto para facervos con eles!

https://www.conlosninosenlamochila.com/2020/03/libros-y-cuentos-gratis-para-descargar.html




E que mellor maneira que celebrar este día tan especial lendo a Astérix e Obélix? Pinchade na flechiña superior dereita para poder lelo.




Tamén podedes ler unha noticia do xornal "El País" na que explican como se celebrará este ano o Día do Libro e o Sant Jordi (San Xurxo, en galego ou San Jorge, en castelán)  e cales son as súas orixes. Pinchade na foto para ler a noticia. É moi interesante!

https://elpais.com/espana/catalunya/2020-04-19/guerra-religion-y-coronavirus-cuando-sant-jordi-se-quedo-sin-ser-el-dia-del-libro.html



miércoles, 22 de abril de 2020

Animémonos a ler!

Imagen de Librostube
Bo día! Estades aproveitando estes días para ler? Eu estou lendo un montón! É unha oportunidade fantástica para facelo e, xa sabedes o importante que é que fagades tanto  lectura en voz alta como silenciosa. Por iso, para motivarvos un pouco e para premiar dalgún xeito a todos aqueles/as que xa o estades facendo, imos facer un trato. Vós mandádesme esta ficha cuberta coa información do libro e, se está suficientemente ben escrita, póñovos un POSITIVO en lingua castelá ou galega (dependendo de en que lingua esté escrito o libro). Imprimides a folla e a cubrides ou, facédela a man na libreta de galego ou castelán, según corresponda. A continuación tomádeslle unha foto e enviádesma. Podedes ir comezando con "La gran fuga del abuelo". Isto non ten data, podedes entregar fichas de lectura ata que acabe o curso, xa sabedes a importancia dos positivos nas notas.
Se tedes dificultades para conseguir libros, facédemo saber e búscovos alternativas online e gratuitas.

PD: Cando precisedes a ficha de lectura, poderedes atopala antes se ides ao apartado do blog "La Bibliotija".

Se a queredes imprimir, pinchade AQUÍ, facedes clic botón dereito, "guardar imagen como" e unha vez gardada, poderédela imprimir.

lunes, 20 de abril de 2020

Aviso importante: cambio da data límite de entrega do proxecto de Ciencias Sociais

Debido a que moitos de vós estades facendo traballos moi completos e ambiciosos, cambio a data límite de entrega do proxecto de ciencias sociais ao XOVES 30 DE ABRIL. Se por calquera cousa, precisades unha flexibilización na temporalización, poden poñerse as vosas familias en contacto comigo.

Podedes ir mandándome partes do traballo se vos atopades algo perdid@s. Algúns que me están chegando están xenial e eses ireinos subindo para que lles poidades botar unha ollada.

Recordade que baixo as entradas, na parte de abaixo do blog, tedes un calendario coas datas para a entrega de todas as tarefas.