Retomastes forzas? Preparados para os retos que aparecerán ao longo deste novo ano? Mentes abertas para as novas aprendizaxes! Aproveitade ben estes días, logo nos vemos...
![]() |
Imaxe de "Revista Literaria La Noche de las Letras" |
Déixovos aquí aquelas historias que creastes coa técnica do folio xiratorio e tendo en conta un mesmo comezo e unhas personaxes e lugares comúns. Hoxe a primeira entrega. Disfrutade da lectura!
O ROBOT ESTRAGADO
Nos tempos nos que a Terra era nova no país de Minecraft, vivía un neno chamado Jimmy. Jimmy aburríase e por iso foi liderar o País de Nunca Xamais. Alí atopou un extraterrestre chamado Steven, que fora facía 10 anos e non se fixera vello. Entón, co medo, Jimmy volveu a Minecraft e foi explorar o Polo Norte. Alí atopouse cun neno chamado Lolo Crolo e fixéronse amigos por moito tempo. Xuntos viaxaron por todo o mundo e nun país chamado Robotonia atoparon a Grenty 3000, un robot de dezasete anos.
Foron tomar un café ao Bar Reinols no que Grenty 3000 se estragou porque non podía tomar café. Foron ao seu enterro e despois Jimmy, Steven e Lolo Crolo non se separaron nunca máis ata que morreron.
Gustaríame moito que comentarades as historias que vou ir subindo. Se vos gustan ou non e sobre todo que erros atopades ou que cambiaríades, para melloralas. Todo isto dende a crítica constructiva, sendo moi respetuosos. Todos podemos aprender dos demais!
non sei o que e pero da igual seguiré intentando
ResponderEliminarintentare ganar el concurso :D Heron :)
ResponderEliminar