Mostrando entradas con la etiqueta mundo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mundo. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2020

As 8 marabillas do mundo moderno

Bo día! Tal e como vos dixen onte, existen marabillas creadas polo Home. Estas son as 8 Marabillas do mundo. Ollade que fermosas son! Hoxe propóñovos que escollades unha, pinchedes sobre a foto e fagades un esquema na libreta de sociais que recolla os seguintes puntos:
  • Cidade, país e continente.
  • Ano da súa construción, século a que corresponde e situación na liña do tempo histórica (idade antiga, media...)
  • Medidas.
  • O por que da súa construción.
  • Algunha historia relacionada coa Marabilla.
  • A súa relación co turismo actualmente.
  • Outros datos de interese.
Se che queda un esquema claro, bonito, ben presentado... anímate  a mandarmo ao correo e subireino ao blog, neste post.
A continuación, a partir do esquema ,fai un resumo, poderás escribilo na libreta de sociais ou facelo neste post, en comentarios.

PD: Intentade non facer todos a mesma Marabilla, se xa vedes en comentarios que falan dunha, mellor escollede outr. Tedes 8!

Hoxe, en CLAN, ás 11h Tedes clase de lengua e idiomas.


CHICHÉN ITZÁ
Imaxe de National Geographic


O COLISEO
Imaxe de National Geographic


CRISTO REDENTOR
Imaxe de Rederiohoteis


A GRAN MURALLA
Imaxe de National Geographic


MACHU PICHU
Imaxe de National Geographic


PETRA
https://viajes.nationalgeographic.com.es/a/petra-ciudad-rosa-desierto-jordano_7717/1
Imaxe de National Geographic


TAJ MAHAL
Imaxe de National Geographic