Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio de la humanidad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio de la humanidad. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de marzo de 2015

INVESTIGACIÓN SOBRE A TORRE DE HÉRCULES

Lede o artigo que escribíu Esteban Iglesias Noya no seu blog Turismo Enxebre e contestade na libreta de lingua galega ás preguntas que aparecen a continuación, cantas máis contestedes, máis puntos conseguiredes! Cando teña as vosas respostas escollerei as mellores e publicareinas no blog. O mesmo coas imaxes. A por todas!


1. Que pasou tras a loita entre Hércules e Xerión?
2. Quen foi Cruña?
3. Busca o escudo de A Coruña. Que hai da lenda de Xerión representado nel?
4. Quen foi Hispán e que fixo na Torre de Hércules?
5. Quen levantou o Faro?
6. Como se chamaba A Coruña en tempos dos romanos?
7. Con qué obxectivo se fixo?
8. En qué seculos se iniciou a súa construcción?
9. Como era a Torre ao principio?
10. Busca unha foto de como era ao principio.
11. Cando pasou a ser eléctrica a luz do Faro?
12. Dende cando a Torre ten o aspecto que coñecemos?
13. Por que se restaurou?
14. Cal é o grosor dos seus muros?
15. Cantos km acada a súa luz?
16. Cantos anos ten?
17. Que récord ocupa a Torre de Hércules?
18. Como foi declarada?
19. Adxunta foto coa súa evolución.

jueves, 11 de diciembre de 2014

Máis marabillas naturais!

Continuamos cos traballos das marabillas naturais...

O LAGO VICTORIA


Está en África, rodeado por Uganda, Tanzania e Kenia. Exténdese nunha área duns cerca de 70.000 kilómetros cadrados e no seu punto de maior profundidade acada os 82m. É o segundo lago de auga doce máis grande da Terra e é unha das principais fontes do río Nilo.


Por Brais.


Velaquí unha visión moi alonxada da idílica:


NacionesUnidasVideo



SALTO DO ANXO

O Salto do Anxo é o salto de auga máis alto do mundo, cunha altura de case 1000 m. Atópase no Parque Nacional de Canaima, en Venezuela. 
O nome co que é coñecido débese a hazaña dun aviador estadounidense, Jimmie Angel, que o sobrevoou coa súa avioneta para máis tarde poñerse na súa cima.


Por Herón, Carmelo e Adrián.

New Atlantis WILD


FERVENZAS (CATARATAS) DO IGUAZÚ

As Fervenzas do Iguazú atópanse en Brasil e Arxentina. Ten 275 saltos e presenta un caudal medio entre 1500 e 1746 metros cúbicos por segundo. A maior caída é de 80 m e coñécese como a Gorxa do Diaño. No ano 2013 chegou ao número un millón de visitantes.
Por Iñaki.

TheWorldofTravelES

martes, 9 de diciembre de 2014

Marabillas naturais

Aquí tedes os traballos e os vídeos das marabillas naturais que expuséstedes hoxe:
AURORA BOREAL

A Aurora Boreal é un fenómeno atmosférico que consite en manchas luminosas de varias tonalidades, é producido pola luz solar. Obsérvase polas noites nas rexións polares. É de moitas cores, formas e é moi bonita. Pincha aquí para obter máis información de como se forman e a diferencia entre Aurora Boreal e Aurora Austral.
Por Belén, Paula, Isma e Dani.

Alfa y Omega Perú


CATARATAS DO NIÁGARA

As Cataratas do Niágara son un grupo de cascadas situadas no Río Niágara, na zona oriental de América do Norte, na fronteira entre EEUU e Canadá. Situada a uns 236 m sobre o nivel do mar, a súa caída é de aproximadamente 52 m.
Por Pili, Zaira, Jorge e Nico.

The Miyaworld



GRAN BARREIRA DE CORAL

A Gran Barreira de Coral está situada no Mar do Coral. Descubriuna o capitán James Cook, na súa viaxe, cando encallou no arrecife o 11 de xuño de 1770. Exténdese ao longo duns 2600 km. Foi declarada Patrimonio da Humanidade.
Por Joaquín, Pablo, Samara, Mauro e Ema.


Victoria Vidal