domingo, 2 de noviembre de 2014

Que podemos aprender acerca das estrelas de mar e as medusas?

Imos intentar atopar resposta ás preguntas tan interesantes que vos fixestes acerca destes equinodermos e celentéreos.

Acerca da reproducción das estrelas de mar non fun quen de atopar un vídeo que me gustara. Expoño aquí algo de información que pretende aclarar algunhas das dúbidas.

A reproducción das estrelas de mar pode ser...
Sexual:
As estrelas do mar soltan os óvulos e os espermatozoides no mar, por iso a fecundación (fusión do óvulo co espermatozoide) é bastante complexa. Para aumentar as posibilidades de fecundación as estrelas xúntanse nunha mesma zona para desovar ao mesmo tempo. Algunhas estrelas producen espermatozoides e óvulos a un tempo!

Asexual:
Sen necesidade de óvulos ou espermatozoides. Poden rexenerar un brazo perdido ou incluso desenvolver unha nova estrelamar a partires dese brazo partido.

Antes de chegar a forma coa que coñecemos ás estrelas de mar pasan por distintas etapas:
1. A larva de estrela de mar flota libremente. Aseméllase a unha medusa diminuta.
Imaxe de "Pequeños exploradores del planeta azul"
2. Pasa a ser algo así coma unha campá invertida.
3. Vai adoptando a característica forma de estrela.
4. Vive no fondo, busca onde agocharse e crece lentamente.
5. Tras dous anos remata o seu crecemento e acada a súa madurez sexual.

 No seguinte vídeo podemos observar como se despraza unha estrela de mar:
Gustavito reef
Alguén preguntaba se eran carnívoras, claro que si! Ollade con que voracidade se alimentan!
Un Cuomo

Espero que as vosas dúbidas acerca das medusas sexan resoltas coa axuda deste vídeo:
Huitaka facatativa

3 comentarios:

  1. HOla profeque interesante madusas(Samara)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Las medusas son seres tan diferentes... Verdaderemente, son fascinantes. ¿Vistéis alguna vez las que hay en el Aquarium a las que se les va cambiando las luces del acuario en el que están? ¡Hipnotizan!

      Eliminar
    2. No nunca fui pero me encantaria(Samara)

      Eliminar