jueves, 23 de marzo de 2017

OS ANIMAIS 1

Novo proxecto no noso blog: "Os animais". Tras buscar a información sobre o animal elixido e encher a ficha cos datos, tocaba facer a exposición para poder aprender uns dos outros. Velaquí info, curiosidades, fotos e vídeos:

CANGURO:
  • Onde vive?: En Australia.
  • Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
  • Segundo a súa reprodución é: Marsupial.
  • Segundo a súa alimentación é: Herbívoro.
  • É: Salvaxe.
  • Como se despraza?: Saltando.
  • Como ten cuberto o corpo?: De pelo (cor parda e branca).
  • Outros datos interesantes: 
    • Existen 3 especies de canguros.
    • Teñen unha cola moi forte e as súas patas dianteiras son pequenas.
    • Son moi rápidos e saltan moito pero non poden facelo hacia atrás.
    • As femias teñen unha bolsa para a súa cría.
    • Viven entre 11 e 18 anos.





ORNITORRINCO:
  • Onde vive?: En Australia.
  • Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
  • Segundo a súa reprodución é: Ovíparo.
  • Segundo a súa alimentación é: Carnívoro.
  • É: Salvaxe.
  • Como se despraza?: É nadador e en terra anda coma os réptiles.
  • Como ten cuberto o corpo?: De abundante pelo.
  • Outros datos interesantes:
    • É velenoso.
    • Sendo mamífero, pon ovos.
    • No fuciño ten un sexto sentido.


MORCEGO:
  • Onde vive?: En case todas as partes do mundo.
  • Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
  • Segundo a súa reprodución é: Vivíparo.
  • Segundo a súa alimentación é: Omnívoro.
  • É: Salvaxe.
  • Como se despraza?: Voando.
  • Como ten cuberto o corpo?: De pelo.
  • Outros datos interesantes: 
    • É o único mamífero que pode voar.





  • Las imágenes y vídeos empleados aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a Duarte, Noa Babío, Noa López, Sabela Brito, Mateo Díez e as vosas familias por amosarnos todo isto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario