Mostrando entradas con la etiqueta costumbres navidad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta costumbres navidad. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de enero de 2017

Costumes de Nadal: xudeus, Australia, Venezuela e Colombia

Hoxe tráiovos costumes de Nadal dos xudeus e dos continentes australiano e americano:

XUDEUS: Trátase dunha relixión e atópanse espallados polo mundo. Eles non celebran o Nadal senón o "Jánuca", "Festa das Luces" ou "Lucernarias". Nun candelabro van acendendo as 9 candeas, unha cada día para conmemorar a chegada do inverno.


.........................................



Pincha para ver en grande Australia.

AUSTRALIA: Milenia e Emma cóntannos que como alí é verán, os australianos van á praia a ver os fogos e os surfistas disfrázanse de Papá Noel. Ademáis, neste continente, o trineo de Papá Noel é arrastrado por seis canguros brancos.












......................................................


Pincha para ver en grande Venezuela e Colombia


VENEZUELA: Noa Bugallo e Noa Babío explícannos que en Venezuela levan a cabo as "patinatas". A xente sae á rúa, que se atopa pechada ao tráfico, para patinar libremente mentras escoitan música de gaitas e panxoliñas.



COLOMBIA: Pablo cóntanos que os colombianos, en fin de ano, sacan a pasear unha maleta, dan unha volta con ela correndo para ter sorte e atraer viaxes.


Yago, fálanos tamén de Colombia, sobre o "Día das candeíñas" que celebran o 7 de decembro para honrar á Virxe da Inmaculada e conmemorar o inicio das festas de Nadal.










  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a todos vós e as vosas familias por amosarnos estes curiosos costumes!

lunes, 2 de enero de 2017

Costumes de Nadal: Rusia, Ucrania e Islandia

Continuamos cos interesantes costumes de Nadal ao longo do mundo. Nesta ocasión farémolo daqueles que teñen lugar en Rusia, Ucrania e Islandia.
Pulsa sobre o mapa para ver en grande os países.

RUSIA: Elena e Sabela Vázquez cóntannos que o día de aninovo os nenos e nenas reciben a visita do "Avó de Xeo" e a "Nena de Neve" que lles traen xoguetes, entre eles, as bonecas típicas deste país: as matrioskas.








UCRANIA: Sofía explícanos que en Ucrania cubren a árbore de Nadal con teas de araña para atraer a sorte e a prosperidade.



......................................................

Pulsa sobre o mapa para ver en grande Islandia.

ISLANDIA: Mateo Berdeal e Candela cóntannos que en Islandia, polo Nadal, os 13 trolls ou "os fedellos yule", tráenche xoguetes se te portaches ben, e se non, tráenche patacas podres.





Sabela Brito fálanos tamén sobre unha crenza de Islandia. Alí está o "gato Yule", que te come se non mercas roupa nova polo Nadal.

  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a todos vós e as vosas familias por amosarnos costumes tan interesantes!

jueves, 29 de diciembre de 2016

Costumes de Nadal: España, Italia, Reino Unido e Irlanda.

Ao longo destes días irei subindo os traballos de investigación acerca dos "Costumes do Nadal no mundo", que mellor momento para compartir esta información tan interesante?

Pulsa sobre o mapa para ver en grande os países mencionados neste post.


ESPAÑA: Comezamos cun costume moi arraigado no noso país, aínda que se atopa extendido polo mundo: poñer a árbore de Nadal. Alba Bra amósanos o seu, con tren e todo!, mediante fotos e vídeos. Canto traballiño hai aquí!








Daniel atopou esta impresionante foto dunha decoración de Nadal con moitas luces:


Guillermo tamén nos recorda o costume de poñer o Belén e cantar panxoliñas co acompañamento de pandeiretas e zambombas:




ESPAÑA: CATALUÑA: Mateo Díez amósanos o costume do Tió de Nadal, hai que alimentalo ao tempo que cantamos unha canción popular (que non fun quen de compartir con vós, podedes buscala en internet), para que en Noiteboa nos traia agasallos.







ITALIA: Alba Benítez e Noa Vázquez fálannos da Vella Befana ou a Meiga Befana. A noite do 5 de xaneiro chega en vasoira ás casas dos nenos italianos. Se estes foron bos, lévalles xoguetes e doces pero se se portaron mal, regálalles carbón, cebolas ou allos.




Martín e Noa López coméntannos que mentras que en España, en Noitevella tomamos uvas, os italianos comen lentellas para entrar con bo pé no seguinte ano.



REINO UNIDOCarla cóntanos que en Reino Unido reciben postais de Nadal, que chaman Christmas Card, e que colgan dun cordel nun lugar importante ou na cheminea. Tamén nos fala acerca dos Christmas Crackers (podemos ver un na seguinte foto). Sentados á mesa collen entre dous comensais un cracker polo extremo, formando deste xeito, unha cadea de brazos, tiran del e un deles queda co agasallo que hai no seu interior.





IRLANDAAsier cóntanos que en Irlanda danse un baño súper, súperfrío. Brrr...


  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a todos vós e as vosas familias por amosarnos todo isto!