Ola a todos! Imos adicar o luns 25 e martes 26 a coñecer mellor o interior de Galicia e O Courel. Para iso faremos grupos de 4 que traballarán os temas que aparecen a continuación. Preparados para investigar?
1ª PARTE DO TRABALLO: Facer as actividades de mapas e gráficos que vos darei en clase. 2ª PARTE DO TRABALLO (en folios que engadiredes aos da 1ª parte): Será dun dos seguintes temas:
Datos básicos de O Courel (situación xeográfica, número de habitantes, relevo...).
Fauna e flora.
Historia de O Courel (cultura castrexa, romanos...).
Lendas de O Courel.
Arquitectura relacionada coas ferrerías, a artesanía...
Biografía dos poetas Uxío Novoneyra e María Mariño.
O material a empregar será: fotocopias que vos facilitarei, vídeos, páxinas web...
COMO FALAN NA ZONA?
UN TRABALLO XENIAL!
(para os puntos "Datos básicos" e "Fauna e flora")
Lara Álvarez, Pablo Ferreiro e Lourdes González, gracias!