Para que repasedes... Aquí vos deixo o "molde" para facer os esquemas dos vertebrados. Recordade que o tedes que ter na vosa libreta 5 veces: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos. Moi moi útil para a proba deste luns... Pincha sobre a imaxe para vela en grande.
Ía publicar este post mañá pero... non podo esperar! Teño moitas ganas de amosarvos o resultado do voso traballo relacionado co proxecto do bosque. Que vos parece? Contádeme nos comentarios!
O BOSQUE É
O bosque é grande,
bonito e agradable.
Sobreiras e landras,
follas e ramas.
Moitas landras
e todos os anos
cambia e cambia.
Altos e baixos,
finos e amplos.
Castaña e folla,
árbore e rama,
todo agradable e
todo cambia.
Todas as árbores,
rugosas e grandes.
Escóitanse paxaros
bonitos e cántanlles
ao bosque.
Olores da natureza,
o bosque é.
Por Samara.
VÍDEO "NOSO BOSQUE"
AVISO!
Algúns de vós tedes problemas para ver os vídeos aloxados en Youtube. Entendo que seguramente vos salten os seguintes avisos:
"Se necesita un plugin para mostrar este contenido.
Instalar plugin".
"Es necesario actualizar Adobe Flash Player para ver este vídeo.
Descárgalo en la página de Adobe".
Ao mesmo tempo na parte superior á dereita da páxina de Youtube aparecerá o seguinte aviso:
"Se necesitan plugins adicionales para mostrar todo el contenido de esta página".
E nun recadro: "Instalar los plugins que faltan". PINCHA AHÍ E SIGUE AS INSTRUCCIÓNS.