domingo, 24 de mayo de 2015

Preparando a excursión a O Courel!

Ola a todos! Imos adicar o luns 25 e martes 26 a coñecer mellor o interior de Galicia e O Courel. Para iso faremos grupos de 4 que traballarán os temas que aparecen a continuación. Preparados para investigar?




1ª PARTE DO TRABALLO:
Facer as actividades de mapas e gráficos que vos darei en clase.

2ª PARTE DO TRABALLO (en folios que engadiredes aos da 1ª parte):
Será dun dos seguintes temas:
  • Datos básicos de O Courel (situación xeográfica, número de habitantes, relevo...).
  • Fauna e flora.
  • Historia de O Courel (cultura castrexa, romanos...).
  • Lendas de O Courel.
  • Arquitectura relacionada coas ferrerías, a artesanía...
  • Biografía dos poetas Uxío Novoneyra e María Mariño.
O material a empregar será: fotocopias que vos facilitarei, vídeos, páxinas web...


COMO FALAN NA ZONA?



UN TRABALLO XENIAL!
(para os puntos "Datos básicos" e "Fauna e flora")

Lara Álvarez, Pablo Ferreiro e Lourdes González, gracias!

UXÍO NOVONEYRA, FERMOSÍSIMO VÍDEO
Manuel Lemos, gracias!

domingo, 26 de abril de 2015

O MAR

Ola a todos! Este luns vai ser un pouco especial. Ímolo empregar para investigar todo aquilo que nos produza curiosidade antes de marchar de excursión a Laxe e a enseada da Ínsua. Propoño os seguintes temas (aínda que estou aberta a posibles suxestións):

  • A PESCA NA COSTA DA MORTE.
  • FAROS E NAUFRAXIOS.
  • A NAVEGACIÓN E A ASTRONOMÍA.
Traballaremos en equipos de tres que se formarán segundo os intereses que teña cada quen. Tras formarse os grupos, os compoñentes farán unha chuvia de ideas, e a partires de aquí faranse preguntas ás que intentarán dar resposta. Facilito a continuación recursos que atopei en internet e na clase proporcionareivos mapas, libros, dípticos informativos... asi coma cartolinas, folios de cores e todo o que precisedes para facer o voso traballo. Este traballo pode constar de texto, imaxes que imprimamamos, mural... Como o queirades facer é cousa vosa! O importante e chegar a respostar as preguntas que vos facedes! Eu estarei para botarvos unha man, ou as dúas...






lunes, 20 de abril de 2015

O UNIVERSO

Que tal, cosmonautas?
Déixovos aquí material para que poidades investigar...



QUE É O UNIVERSO?




QUE É O SISTEMA SOLAR?



A TERRA


O MOVEMENTO DE ROTACIÓN


O MOVENTO DE TRASLACIÓN


O meu agradecemento aos creadores destas webs e a Óscar Alonso.