lunes, 25 de mayo de 2020

Tarefa de ciencias naturais: Propiedades xerais e específicas da materia

Bo día e feliz semana!
Esta vez traballaremos ciencias naturais a partir de experimentos e seguindo o método científico. Así que imos aprender experimentando! Apetece, non?

Desta vez, no lugar de subirvos toda a tarefa de golpe o luns, irei compartindo cada día un pouco de contido no blog, para que non vos aturulledes coa información. Facede ese pouco cada día e non se vos xuntará todo ao final. Estarán no apartado TAREFAS.

Nesta ocasión, en vez de escribir o traballo nun procesador de textos (Word ou Writer) ou a man na libreta, deberedes encher os formularios que cada día suba ao blog, tras ler e mirar ben a información proposta e tras levar a cabo os experimentos. Preparad@? Comezamos!

PROPIEDADES XERAIS E ESPECÍFICAS DA MATERIA

1º Le con atención as páxinas 68 e 69 do teu libro de texto.
...

2º Seguro que xa liches esas páxinas do libro? Se non o fixeches, léas agora, antes de seguir.
Observa o seguinte esquema e mira os vídeos con atención.


Maestra de Primaria: La materia y sus propiedades. LOMCE, 3º de Primari...
Imaxe do blog rosafernandezsalamancaprimaria.blogspot.com

Vídeo de Happy Learnig


Vídeo de Jhon Fredy Alarcon Ramos



3º Contesta ao primeiro cuestionario.






4º Contesta ao segundo cuestionario,  mentras fas o experimento (se na casa contas cos útiles necesarios) no que deberás averiguar a masa e o volume de, polo menos, 3 obxectos. Precisarás unha báscula e unha xerra medidora. Inclúo un vídeo cun exemplo:




A masa da bóla, por Xabi


viernes, 22 de mayo de 2020

3º Reto: facemos un manual de instruccións?

Bo día! Atréveste co reto desta semana? 
Debes crear unhas instruccións. 
Como? Pois trátase de escribir  unhas instruccións (podes acompañalas dun debuxo). Se te animas, podes incluso facer un vídeo-titorial, coma un auténtico youtuber! 
E de que? Pois velaquí algunhas ideas:
- A auga corrente da casa.
- A electricidade.
- Unha plancha.
- Unha lavadora.
- Un lavalouzas.
- Como coser un botón
- Como lavar as mans correctamente...

abandonado, acero, adentro
Imaxe de Andrea Piacquadio

Pero ti podes mostrarnos como funciona calquera outra máquina da túa casa ou como fas outra actividade que aprenderas nesta corentena.

Estou desexando coñecer as túas instruccións!

Atréveste?

martes, 19 de mayo de 2020

De que imos falar na asemblea de mañá?

Lembrade que mañá temos asemblea, ás 11h, entrando en Jitsi Meet e escribindo: Razomolamazo2

Se non lembrades como entrar, dende o ordenador ou dende o voso teléfono ou tablet, pinchade AQUÍ

Os temas a tratar serán:
  • Que me preocupa? Cal é o meu medo agora?
  • Como imaxino que será o cole cando volvamos?
  • Como me gustaría que fora?
  • Agradecementos.
  • Turno para que vós propoñades outros temas.

Deica mañá!

viernes, 15 de mayo de 2020

2º Reto: eres capaz de acertalos todos?


Ábaco, Cálculo, Salón De Clases, Conde, Contador, Kids
Imaxe de Pixels
Boa tarde! Atréveste con este reto? Mándame a resposta por mail ou por WhatsApp nunha cuadrícula, só co número que corresponda á contestación ou ben copiando os enunciados na libreta. Se os tes todos ben, podes contar cun positivo en mates!